Conferencia de prensa do capitán Henrique Galvão após a entrega do barco ao Goberno brasileiro, 2 de febreiro de 1961 / Imaxe. Fotografía/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Historias de ida e volta

Material

Historias de ida e volta
O navío Santa Maria e a Operación Dulcinea

Conferencia de prensa do capitán Henrique Galvão após a entrega do barco ao Goberno brasileiro, 2 de febreiro de 1961

Image 1
Detalle
Co paso dos días, a situación no barco era cada vez máis tensa entre os secuestradores e a tripulación. Á falla de combustible e ao racionamento de auga e alimentos engadíronse ás disensións tácticas entre Galvão e o chamado «clan galego», comandado por Velo e o comandante Soutomaior. Despois dunha entrevista con Galvão, o almirante norteamericano Smith decidiu aceptar a proposta de desembarcar a pasaxe e a tripulación en Recife. Contaban coa colaboración do Goberno de Jânio Quadros, amigo do xeneral Humberto Delgado, opositor a Salazar e outro dos dirixentes desta operación. Deste xeito, escoltado por naves da Mariña brasileira, o Santa Maria atracou no porto de Recife o 2 de febreiro, no medio dunha grande expectación dos xornalistas e da poboación local.
Henrique Galvão era un bo comunicador e coas súas declaracións logrou un grande impacto na opinión internacional.
Metadatos
  • Fotografado/a:
  • Data: 03/02/1961
  • Tipo de material: Imaxe. Fotografía
  • Localización física:
    Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
  • Notas:
    Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Fotografía procedente da publicación: RICO, Francisco (1966): El asalto al “Santa Maria”, Caracas: Ediciones F.I.J.L.