Reportaxe da revista <cite>Paris Match</cite>, 4 de febreiro de 1961 / Imaxe. Fotografía/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Historias de ida e volta

Material

Historias de ida e volta
O navío Santa Maria e a Operación Dulcinea

Reportaxe da revista Paris Match, 4 de febreiro de 1961

Image 1
Detalle
Nesta capa anunciábase en exclusiva unha entrevista co capitán Galvão, considerado polos medios de comunicación como líder do secuestro, mentres permanecían na sombra as figuras dos outros dirixentes do DRIL, como Xosé Velo e Soutomaior. A entrevista levaba como título "A fantástica aventura de Galvão e dos piratas da revolución".
Aínda que co secuestro do buque non chegaron a levar ao cume o proxecto inicial, desencadear unha loita armada contra as ditaduras ibéricas, si acadaron unha ampla repercusión internacional da súa loita e que a opinión pública internacional se amosase a prol do DRIL. Todos os xornais publicaron amplas reportaxes co relato gráfico do que acontecía no barco e achegaban a imaxe dun grupo de revolucionarios utópicos que perseguían un ideal.
Metadatos
  • Data: 04/02/1961
  • Tipo de material: Imaxe. Fotografía
  • Localización física:
    Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
  • Notas:
    Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega