Chegada do Santa Maria a Portugal após a súa liberación, 1961-02-16 / Imaxe. Fotografía/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Historias de ida e volta

Material

Historias de ida e volta
O navío Santa Maria e a Operación Dulcinea

Chegada do Santa Maria a Portugal após a súa liberación, 1961-02-16

Image 1
Detalle
O barco e a súa tripulación foron recibidos con grandes mostras de xúbilo en Portugal. Logo do desembarque en Recife, a tripulación e os pasaxeiros foron trasladados no Vera Cruz, buque da mesma compañía navieira que se encargaría de os levar aos seus destinos. O Santa Maria foi entregado á navieira e o 16 de febreiro atracou no peirao de Alcântara, onde foi recibido por unha gran multitude. Despois de ser arranxado nuns estaleiros en Cádiz, axiña retomou as súas viaxes como barco de pasaxeiros e emigrantes cara a Venezuela, e permanece como un barco mítico no imaxinario popular.
Metadatos
  • Data: 16/02/1961
  • Tipo de material: Imaxe. Fotografía
  • Localización física:
    Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
  • Notas:
    Fondo: Consello da Cultura Galega. Fotografía do Arquivo da Deputación de Pontevedra (https://atopo.depo.gal) publicada no Álbum de Galicia, na biografía de Xosé Velo Mosquera.