Canto contribúe o gando vacún de carne en Galicia ao cambio climático? | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Canto contribúe o gando vacún de carne en Galicia ao cambio climático?

25/11/2021

Descrición Neste vídeo (9´ 52´´) Marcos Fernández Vilela achega datos que obrigan a matizar a tese de que "a gandaría é unha fonte moi importante de emisión de gases de efecto invernadoiro". Tendo en conta que existen moitos sistemas diferentes de manexo, a emisión de gases de todos eles non ten por que ser nin semellante.
Analizando o caso da gandaría de vacún de carne en Galicia, Marcos chega á conclusión de que os sistemas extensivos en ecolóxico presentan unhas emisións moi inferiores ao resto de sistemas de manexo; ata o punto de que non só non contribúen ao cambio climático senón que axudan a contrarrestalo.

Esta charla forma parte das sesións do DivulgaTerra 2021.
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Data
25/11/2021
Medidas
9 minutos e 52 segundos
Entidades
Creación: Universidade de Santiago de Compostela