Esqueletos a escena! | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Esqueletos a escena!

25/11/2021

Descrición A espiña é aquela parte do peixe que deixamos no prato e á que non lle damos moita importancia. Pero nos 7 minutos e medio que dura este vídeo descubriremos o seu papel crucial na locomoción e protección dos órganos vitais e na fisioloxía dos peixes... e veremos tamén o que acontece cando hai problemas no esqueleto destes animais.
As anomalías esqueléticas poden afectar o benestar e o crecemento dos peixes e aumentar a probabilidade de que contraian outras enfermidades. Como en medicina humana, o emprego da radiografía e da microscopia permiten detectalas e controlalas. Ademais, os peixes estanse a utilizar cada vez máis na investigación das enfermidades esqueléticas humanas e animais. Grazas a estes heroes de laboratorio podemos coñecer máis en profundidade como se desenvolven enfermidades como a osteoporose, a escoliose idiopática ou a osteoxénese imperfecta.

Esta charla forma parte das sesións do DivulgaTerra 2021.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Data
25/11/2021
Medidas
7 minutos e 46 segundos
Entidades
Creación: Universidade de Santiago de Compostela