Carta de Seoane a Carballo Calero (1972) | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Seoane a Carballo Calero (1972)

Ricardo Carballo Calero (Destinatario/a) · Ramón Piñeiro López (Mencionado/a) · Luís Seoane (Remitente)
02/03/1972
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
Buenos Aires, 2 de Marzo de 1972

Sr. D. Ricardo Carballo Calero
Santiago

Meu querido amigo:

Recibín noticia por Ramón Piñeiro de que remataches a oposición de Cadeirádego titular de Lingüística e Literatura Galega na Universidade Compostelán, e que, enmáis, fixeche unha oposición brilante como moitos supoñíamos que farías. Non sabes canto agradecín esta carta de Piñeiro e a alegría que nos produxo. Eu sinto como propio cada éisito da xente da nosa época de Santiago e mais si éste é un amigo benquerido e ademirado como tí.
Pola miña parte traballo illado eiquí en Bs. Aires, sen querer sabere nada da coleitividade, cada ves mais cativa en todol-os sensos, e loitando ó meu xeito por Galicia, aínda que sexa soio pintando.
Un saúdo agarimoso pra tua dona, pra tí e os teus, de nós os dous, e ti recibe unha emocioada aperta de:
Tipo de material
epístola
Data
02/03/1972
Medidas
1 páxina
Entidades
Mención: Universidade de Santiago de Compostela
Localizacións
orixe: Bos Aires
destino: Santiago de Compostela
Etiquetas
Ficha descritiva
[Carta mecanografada]
Localización física
Fundación Luis Seoane