Inauguración do curso escolar na casa-escola de Pasarela en Vimianzo, 1932 | Imaxe. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía

Inauguración do curso escolar na casa-escola de Pasarela en Vimianzo, 1932

Enrique Labarta Pose (Mencionado/a)
00/00/1932
Nos seus primeiros estatutos aparece como unha das súas principais prioridades «procurar la creación de escuelas de instrucción primaria, industriales y de artes y oficios, tendiendo al mejoramiento de las existentes, creando premios y estimulando todo aquello que este comprendiendo en el orden cultural […]».
Como vemos, para a sociedade, a educación dos seus veciños e veciñas é esencial para o progreso da terra natal. En xuño de 1929 apróbase a creación de centros escolares en todos os concellos do distrito xudicial de Corcubión e realízase un sorteo para decidir a orde na construción dos edificios. O delegado da Sociedade en Galicia, Juan Díaz Fernández, escollía o lugar onde se edificarían, seguindo os criterios de necesidade e acceso do maior número de alumnado posible.
No concello de Vimianzo foi Pasarela o lugar elixido. Alí foi inaugurada esta escola en 1931 co nome do escritor e poeta de Baio Enrique Labarta Pose como homenaxe. Moitos dos seus poemas aparecen publicados en Alborada, o seu voceiro social.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía
Data
00/00/1932
Entidades
Mención: Asociación Benéfica y Cultural del Partido Judicial de Corcubión
Localizacións
orixe: Pasarela, Calo, Vimianzo, A Coruña
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega