As Grandes Festas Campestres da ABC del Partido de Corcubión, Bos Aires, 1950 | Documento. Publicación impresa | Consello da Cultura Galega
Documento. Publicación impresa

As Grandes Festas Campestres da ABC del Partido de Corcubión, Bos Aires, 1950

00/00/1950
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
As Grandes Festas Campestres son ben coñecidas pola colectividade galega residente en Bos Aires debido á súa amenidade e boa organización. Na sede de Vicente López, coñecida como Campo Corcubión, organízase unha gran cantidade de actos de índole variada. A Comisión de Festas, xunto coa de Damas e demais socios voluntarios, traballa cóbado con cóbado na organización dos diferentes eventos, co fin de alcanzar unha maior comodidade e entusiasmo por parte das socias, socios e demais simpatizantes da ABC del Partido de Corcubión. Moitas persoas concorren cada ano aos pícnics, ceas de camaradaría e festivais musicais, entre outras moitas actividades. As celebracións son máis rechamantes na tempada de verán, nas que non faltan as cantareiras e o seu emblemático grupo de música tradicional Alborada.
Tipo de material
Documento. Publicación impresa
Data
00/00/1950
Localizacións
destino: Arxentina
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Roberto Veloso e Carmen Balboa