Material
Historias de ida e volta
100º Aniversario da ABC del Partido de Corcubión
Acto de homenaxe á ABC del Partido de Corcubión na escola de Suarriba, en Fisterra, 2019
Detalle
O meritorio labor do Concello de Fisterra pola rehabilitación da casa-escola de Suarriba, construída en 1930, viuse coroado por un acto de recoñecemento á entidade arxentina coa recuperación e colocación da antiga placa de mármore que tiña a escola e que se perdera. Así, agora na fachada principal do antigo centro educativo podemos ler, como outrora, «“ESCUELA JUAN DÍAZ FERNÁNDEZ”, Nº 3, DE LA “ABC DEL PARTIDO DE CORCUBIÓN” DE BUENOS AIRES».Cando se inaugurou, a escola chamouse así en homenaxe e recoñecemento ao gran labor do delegado da ABC en Galicia Juan Díaz Fernández. Mestre nacional e pai dun dos seus directivos, Antonio Díaz Novo, realizou todas as xestións precisas cos veciños e cos municipios para a construción das escolas proxectadas desde Arxentina.
Este emotivo acto contou coa presenza do presidente actual da ABC, Carlos O. Ameijeiras, varios socios e socias que viaxaron desde Arxentina para asistir ao evento, autoridades de varios dos concellos vinculados coa entidade e da Xunta de Galicia e veciñanza.


