Bosques mariños, unha paisaxe en regresión / Vídeo. Remoto. Youtube/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Proxector

Material

Proxector
Oceanografía e biodiversidade mariña

Bosques mariños, unha paisaxe en regresión

Descrición
Vídeo divulgativo (25´ 42´´) no que Cristina Piñeiro Corbeira, membro do grupo de investigación BioCost da Universidade da Coruña, nos alerta sobre a desaparición dos bosques mariños de Galicia. Na súa exposición fálanos da diversidade de especies de macroalgas que forman os bosques mariños e, centrándose concretamente nos bosques formados por especies laminariais, explica cales foron os cambios observados nos últimos tempos, cales serían as potenciais causas da regresión observada e que perspectivas de futuro temos.

A charla tivo lugar o 27 de novembro de 2021 en Pontevedra, no transcurso das V Xornadas de Patrimonio Natural e Biodiversidade, organizadas pola Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN).
Metadatos