«Group of Gallegos» / Imaxe. Fotografía/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Historias de ida e volta

Material

Historias de ida e volta
Galegos na canle de Panamá, os mellores europeos da Silver Roll (1904-1914)

«Group of Gallegos»

Image 1
Detalle
Entre 1906 e 1908 arredor de 12 000 traballadores europeos foron contratados polos axentes da canle de Panamá, o que non quere dicir que non chegasen máis deles ás obras fóra deste tramo temporal. Distintos informes da ICC recollen estatísticas por separado, nas que se distinguen os traballadores non recrutados en España como empregados “non contratados pola Comisión”. Esta circunstancia lévanos á conclusión de que o volume de emigrantes galegos e do resto do territorio español na canle de Panamá supera notablemente os 8798 contabilizados pola Comisión.
O incremento da forza laboral importada pola Comisión da Canle de Panamá superou os 45 000 homes. Os obreiros españois constituíron un 19,50 % do total de obreiros estranxeiros importados pola ICC. Ocuparon o primeiro posto dentro do grupo de europeos, seguidos polos italianos e os gregos. O grupo de obreiros antillanos foi o máis numeroso (31 071), dos cales a maioría deles eran naturais de Barbados. O resto procedía de países latinoamericanos, como o propio Panamá, Costa Rica e Colombia. Tendo en conta só o país de procedencia e non a nacionalidade, atopámonos cunha poboación orixinaria de 97 países na Canal Zone.

Descrición
Fot. Nº 241-C
Metadatos
  • Tipo de material: Imaxe. Fotografía
  • Medidas: B/N 15,5 x 10
  • Ficha descriptiva:
    Fotografía da que existe positivo (custódiase o orixinal físico)
  • Notas:
    Fondo: National Archives (NARA)
    R. 3168
    Fonte: Panama Canal Commission/Technical Resources Center
    Procedencia: Carolina García Borrazás