«Contra el paro. Jornada 35 horas semanales. Sábados fiesta» | Imaxe. Cartel | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Cartel

«Contra el paro. Jornada 35 horas semanales. Sábados fiesta»

Propaganda dos sindicatos anarquistas agrupados na CNT e AIT para demandar melloras nas condicións laborais: xornadas de 35 horas e sábados libres. A Transición supuxo un cambio de paradigma nas relacións laborais. Os Pactos da Moncloa, que fixaban as liñas económicas do novo futuro, consolidaban un determinado modelo produtivo e de desenvolvemento económico. Os convenios colectivos primaron sobre os particulares. O sindicalismo vertical, herdeiro da ditadura, foi substituído polo sindicalismo de clase, e os dereitos propios da protesta colectiva, como folga e manifestación, puideron ser exercidos en plena liberdade.
Descrición Propaganda a favor da reducción das horas de traballo semanais. Representada unha morea de xente con numerosas referencias históricas e culturais
Tipo de material
Imaxe. Cartel
Medidas
44x65
Entidades
Edición: Asociación Internacional de los Trabajadores
Edición: Confederación Nacional del Trabajo
Ficha descritiva
Cartaz
Localización física
SOLT-CART1-140