Material
Historias de ida e volta
Ares en Cuba: unha emigración mariñeira
Facendo o corpo ao novo mar. A badía da Habana co Morro ao fondo, ca. 1906
Detalle
Ernesto López Naveiras, grande estudoso da emigración aresá a Cuba, describe claramente o que se atopaban os mozos da comarca de Ferrol cando navegaban nos seus viveiros para amigarse co mar do golfo de México: «Había que ser moi bo mariñeiro para facerse con estes barcos nun mar cheo de correntes, ventos, ás veces endiañados, e costas que os arrecifes de coral facían perigosas e dificultaban o acceso aos peiraos na busca de abrigo. […] As mareas eran de vinte días se collían un bo majal [banco de peixes] que producía nese tempo quince mil quilos de peixe…».Segundo palabras do propio autor, as zonas de pesca abranguían as augas do litoral mexicano do cabo Catoche ata o límite occidental de Tabasco e fronte ao litoral de Florida.


