«25 de xulio: dia da patria galega» / Documento. Panfleto/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Aqueles 25 de xullo

Material

Aqueles 25 de xullo

«25 de xulio: dia da patria galega»

O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Por favor descarga o documento aquí.
Detalle
Este cartel é representativo da retórica, símbolos e visión que tiña a esquerda nacionalista galega ante o proceso autonómico en discusión. A Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG) acababa de ser legalizada en marzo de 1978 e convocou para esa mañá do 25 de xullo unha manifestación seguida dunha "festa popular" pola tarde. Dende aquela segue a ser o esquema actual da convocatoria desa data. Na parte de atrás do panfleto, un debuxo de Castelao vinculando a autonomía aos caciques e ao sistema colonial español. Combinación de dous conceptos que trasmiten o pasado cara o presente dos setenta. Os dous paisanos conversan: "Ti estás cos de antes ou cos d'agora?: Eu estouche cos de despois".
Descrición
Chamamento á manifestación do 25 de xullo. Na folla posterior, debuxo de Castelao "Ti estás cos de antes ou cos de agora?", xunto a un lema que reza "Contra a autonomia por caciquil e colonial. Gobernemos nos a nosa terra".
Metadatos