Primeiro número do <cite>Boletín de la Biblioteca «América» de la Universidad de Santiago de Compostela</cite>, febreiro de 1910 | Documento. Publicación impresa | Consello da Cultura Galega
Documento. Publicación impresa

Primeiro número do Boletín de la Biblioteca «América» de la Universidad de Santiago de Compostela, febreiro de 1910

Gumersindo Busto (autoría)
00/02/1910
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
Este boletín foi publicado en Bos Aires a partir de 1910 e tivo continuidade ata 1936. Creouse tras a frustración de Gumersindo Busto por non poder inaugurar a Biblioteca América nese ano tan significativo para Arxentina, o seu país de acollida migratoria e un dos principais países doadores. Foi un medio máis para dar a coñecer os traballos realizados a prol da fundación da Biblioteca e tamén serviu como medio publicitario do proxecto para así atraer máis doantes coa publicación dos seus nomes e relación de doazóns. Tamén publicaban artigos de contido cultural e reproducían as noticias da prensa do momento sobre o proxecto. Unha vez editado, o Boletín enviábase ás redaccións de gran parte dos xornais e revistas de España e de todo o continente americano para que o seu labor tivese ampla repercusión.
Tipo de material
Documento. Publicación impresa
Data
00/02/1910
Entidades
Mención: Biblioteca América (USC)
Localizacións
orixe: Bos Aires, Arxentina
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Galiciana: Real Academia Galega