Material
Historias de ida e volta
O labor filantrópico dos irmáns García Naveira en Betanzos
Gozando do Pasatempo de Betanzos, ca. 1930

Detalle
Na denominada Terraza do Mestre, cunha fermosa vista panorámica de Betanzos, hai un miradoiro panorámico que permite ver como sae o sol por detrás da cidade e como ilumina toda a zona. O lugar está presidido por esta enorme escultura coñecida como León Colosal e cuxas medidas podemos intuír na imaxe grazas ao home que aparece subido enriba.A figura está construída en formigón armado de cemento Portland, un material novo, sobre todo na Galicia deses tempos. O león representa a vitoria, a forza e a orde universal. Hai que sinalar que moitas das figuras do Pasatempo son copias extraídas de diversas referencias: de produtos seriados e vendidos nas fábricas de fundición artística, de obras dos museos visitados polos García Naveira e mesmo de publicacións existentes na súa biblioteca.
Desa maneira queda explícita a función didáctica deste parque, que parece unha «finca-museo» —tal como se denominaba no xornal Vida Gallega (1922)— na que a percepción sensorial do visitante era global: as figuras escultóricas impactaban visualmente e a vexetación enriquecía o conxunto co seu perfume.