Carta de Dónega a Luís e Maruxa Seoane. 1976 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Dónega a Luís e Maruxa Seoane. 1976

Maruxa Seoane (Destinatario/a) · Luís Seoane (Destinatario/a) · Emilio Fernández López (Mencionado/a) · Fernanda Sández Figueiras (Mencionado/a) · Marino Dónega (Remitente)
02/09/1976
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
A Cruña, 2.9.1976

Maruxa e Luis Seoane
Buenos Aires

Amigos benqueridos:

No xornal de hoxe, batemos coa triste noticia do pasamento do voso irmán Emilio. Conocímolo personalmente na vosa casa e impresionounos a súa agudeza mental, a súa simpatía e a súa cordialidade. E agora comprobamos na prensa e na rúa un sentimento xeneralizado pola perda dun coruñés traballador, pletórico de iniciativas e de realizacións.

Deixando fora consideracións políticas que, por continxentes, non veñen ao caso nesta hora, fica en pe na conciencia dos seus conveciños a lembranza dun home de ben, amigo dos amigos, e que axudóu no que puido aos que a il acudiron. A súa desaparición foi unha sorpresa para a cidade. Ninguén a esperaba. Pra o luns vindeiro, estaba anunciada, coa súa presencia, a inauguración do Polígo[no] Comercial que, debido á súa iniciativa e entusiasmo realizador, foi construido nesta cidade. Obra, por outra banda, sin precedentes en ningunha outra cidade de España.
Recibide, pois logo, unha cordialísima aperta de condolencia dos vosos amigos

Fernanda
Dónega
Tipo de material
epístola
Data
02/09/1976
Medidas
Localizacións
orixe: A Coruña
destino: Bos Aires
Ficha descritiva
[Carta mecanografada con firmas autógrafas]
Localización física
Fundación Luis Seoane