Mestúrase a auga doce e salgada na desembocadura do Anllóns? | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Mestúrase a auga doce e salgada na desembocadura do Anllóns?

Iria Ollero (autoría)
Descrición Sabes que pasa na desembocadura dun río, xusto nese punto concreto onde a súa auga doce se atopa coa auga salgada do océano? Neste vídeo divulgativo (1´ 09´´) Iria Ollero trasládase á desembocadura do río Anllóns para explicarnos que, nese punto concreto de encontro, as dúas masas de auga (doce e salgada) non se mesturan. Tamén entenderás por que é tan importante manter o caudal dos ríos e preservar o equilibrio natural dos esteiros.
A peza forma parte do proxecto "Lendo a ciencia. Festiciencia & Festiletras", unha iniciativa de Ceo Aberto realizada ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021-2022.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
1 minuto e 9 segundos
Entidades
Creación: Ceo Aberto
Etiquetas