Manuel Lugrís Freire | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Manuel Lugrís Freire

Manuel Lugrís Freire (homenaxeado/a)
00/02/2014
Descrición Documental (25´ 38´´) sobre a vida e a obra do escritor e xornalista galego Manuel Lugrís Freire (Sada, 1863 – A Coruña, 1940). Precursor na promoción e defensa do idioma galego (autor da primeira gramática escrita en lingua galega e do primeiro discurso político pronunciado en galego), participou activamente en diferentes institucións culturais e lingüísticas, como poden ser as Irmandades da Fala, a Real Academia Galega (da que foi membro fundador e mais presidente) ou o Seminario de Estudos Galegos, no que ingresou en 1923 cun discurso sobre Pondal.
Documental realizado por GallaeciaFilmes, do EDLG do IES Isaac Díaz Pardo de Sada, en coprodución coa Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo e Genetic Films.
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Data
00/02/2014
Medidas
25 minutos e 38 segundos
Entidades
Creación: IES Isaac Díaz Pardo (Sada)
Creación: Asocación Cultural Irmáns Suárez Picallo
Creación: Genetic Films
Localizacións
gravación: sada
gravación: betanzos
gravación: Oleiros
gravación: Carral
gravación: A Coruña
Etiquetas
Notas
Fonte: https://www.youtube.com/watch?v=qB59SLcju1c {2023-03-20]