Sociedad Hijos del Ayuntamiento de Buján, <cite>ca. </cite> 1938 / Imaxe. Fotografía/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Historias de ida e volta: As asociacións microterritoriais da emigración galega en Arxentina:

Sociedad Hijos del Ayuntamiento de Buján, ca. 1938

En 1924 fanse realidade os desexos dun grupo de emigrantes residentes en Arxentina e naturais do concello de Buxán, hoxe parroquia de Val do Dubra. Foi entón cando se constituíron como unha organización civil de carácter mutualista, privado e sen fins de lucro. Os estatutos de 1932 falan de finalidades como as de «proteger a sus asociados; repatiarlos en caso de enfermedad y faltos de recursos; ayudar a procurarles trabajo y prestarles alcance de la institución, como también orientar y servir de guía a los hijos de Buján que a su llegada a este país soliciten el amparo moral de esta sociedad».
En 1937 pasa a denominarse Sociedad Hijos de Buján e, en 1964, Sociedad del Valle del Dubra. Na actualidade coñécese coa denominación Centro Cultural y Recreativo Hijos de Buján en Buenos Aires.
Na imaxe aparece a directiva co cartel identificativo da entidade.

  • Tipo de material: Imaxe. Fotografía
  • Etiquetas:
  • Notas:
    Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Cedida polo concello da Vedra
  • Nota legal:

    Agás indicación expresa, o CCG carece dos permisos para ceder os materiais publicadas nos fondos documentais

Compartir:
Image 1