Descrición
Charla de TED (9´ 59´´) na que Katie Hinde, profesora de Bioloxía Evolutiva na Universidade Estatal de Arizona, nos lembra o que sabemos actualmente do leite materno, unha substancia complexa que constitúe ao mesmo tempo un alimento, unha medicina e un sinal para o bebé. Pero ademais de expoñer todas estas virtudes que a ciencia xa coñece , a profesora Hinde reivindica a necesidade de que a comunidade científica aumente o seu interese por descubrir o que aínda descoñece sobre a bioloxía da lactación, para poder contribuír á saúde dos bebés, e tamén aos dereitos da diversidade de nais que os crían de xeitos moi diferentes.
Tradución ao galego de Eva Ríos para TedSaúde 2022.
Tradución ao galego de Eva Ríos para TedSaúde 2022.


