É posible perder peso dunha forma rápida? | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

É posible perder peso dunha forma rápida?

Hei Man Chan (autoría)
Descrición Malia que na actualidade as dietas xa non son tan extremas coma na Inglaterra vitoriana (onde as persoas chegaban a inxerir un ovo de tenia para que medrase no seu intestino), a maior parte delas seguen a prometer resultados rápidos e milagreiros. Neste vídeo de TED (4´ 56´´) Hei Man Chan cóntanos por que non é beneficioso para o noso organismo tentar perder peso de forma rápida.

Tradución ao galego de Ainhoa Pereira para #TedSaúde 2022.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
4 minutos e 56 segundos
Etiquetas