Material
Carta de Bernárdez a Seoane. 1953
Detalle
7 febreiro 53Amigo Seoane:
Sabía que vostede era (e sigue sendo) un gran pintor. Mais non sabía que fora tan bon poeta. Felicítoo pol-o seu libro, que é verdadeiramente interesante. Coido que ninguén na Galiza ten cantado d-isa orixinalisima maneira o dramático tema da emigrazón. A epopea de Cernadas é (na sua evocazón) fondamente conmovedora, o mesmo que a imaxen sanguiñenta que conta a construcción da ponte de Brooklyn . ¡Que boa a páxina tidoada “Dende o Highland Princess ”!
Moi ben, moi ben. A cultura galega débelle a vde., amigo Seoane, outro grande e noble servizo, ainda mais meritorio pol-o feito de ser prestado no eisilio, n-unha terra onde cada dia que pasa hai menos estímulos pra laboura do arte e do pensamento.
O día 12 chegarei a Buenos Aires. Ficarei alá un tempiño. Xa falaremos. Polo de agora, moitas felicitacións e unha forte aperta do seu amigo e ademirador
Paco Luis Bernárdez
Saúdos â sua dona


