Aquí medra a lingua

Aquí medra a lingua

Aquí medra a lingua é un proxecto documental que relata como seis centros educativos de Galicia desenvolven iniciativas e métodos para poñer en valor e promover o uso da lingua galega. Os centros, de ámbitos xeográficos e contextos lingüísticos diferentes, comparten as súas experiencias para facilitar o intercambio e a aprendizaxe colectiva. Cada luns, a web do Consello da Cultura Galega publica un novo episodio.

É unha iniciativa da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do CCG co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Dirección e montaxe: Cristina de la Torre
Cámara: Pio Cribeiro



Os vídeos

Documental completo:





Consulta os episodios por centros de ensino



1x01: "Modelo Burela", no IES Perdouro de Burela (Lugo)






1x02: "Reforzar o propio", no CPI Virxe da Saleta, Cea (Ourense)






1x03: "Activistas da lingua", no IES Félix Muriel de Rianxo (A Coruña)







1x04: "Alianzas necesarias", no CEIP Barouta de Ames (A Coruña)








1x05:'Militantes da contorna' no CRA Nosa Señora do Faro de Ponteceso







1x06:'Forxar un vínculo' no CEIP Quintela de Moaña