Centenario de Manuel Murguía

Centenario de Manuel Murguía

Nas ás do canto


Música e identidade no Rexurdimento

Literatos e músicos

As relacións no ambiente cultural do Rexurdimento estaban cheas de ligazón entre as artes. Literatura e música atoparon un espazo propio de exploración na construción dunha sonoridade galega e en galego.
Chané
Santiago de Compostela, 1856 - A Habana, 1917

Os cantos

Ofrecemos unha selección de catorce pezas que son resoltado do encontro entre a creación literaria da Galicia do Rexurdimento, a música popular e a canción culta. Escolmadas por Margarita Viso, coa voz de Anna Mélikhova e Martín Chaves ao piano.

Nas ás do canto 10: Cantiga

Chané; Manuel Curros Enríquez; N’o xardin unha noite sentada
Ó refrexo d’o branco luar,
Unha nena choraba sin trégolas
Os desdés d’un ingrato galan.

Nas ás do canto 12:Maio longo

José Baldomir; Rosalía de Castro; Maio longo…Maio longo,
Todo cuberto de rosas,
Para algus telas de morte,
Para outros telas de vodas.

Nas ás do canto 08: Negra sombra

Rosalía de Castro; Juan Montes; Cando penso que te fuches,
Negra sombra que m’asombras
Ô pè d’os meus cabezales
Tornas facendome mofa.

Nas ás do canto 05: Os pinos

Eduardo Pondal; Pascual Veiga; Que din os rumorosos
Na costa verdecente,
Ó raio trasparente
Do prácido luar…?

Nas ás do canto 01: Saludo de dolor

Teodosio Vesteiro Torres; Si al recorrer la plácida arboleda,
Sientes gemir en derredor de ti,
No es el gemir de la feraz robleda:
Es mi dolor que te saluda alli.

Nas ás do canto 02: Soedades

Marcial del Adalid; Airiños, airiños, aires
Airiños da miña terra;
Airiños, airiños, aires
Airiños levaime a ela.

Nas ás do canto. O libro-disco



'Nas ás do canto. Música e identidade no Rexurdimento' é tamén un libro-disco no que se reúnen os ensaios, os poemas, partituras e músicas contidas neste especial.


Os autores



Xurxo Martínez González (Vigo, 1984) é doutor en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo e especialista no Rexurdimento. Anna Mélikhova (San Petesburgo, 1985) é cantante lírica e docente. Martín Chaves Fraga (1999) é pianista. Margarita Viso (A Coruña, 1957) é intérprete, compositoria, pianista acompañante e musicóloga.