• slidebg1
    HISTORIAS DE IDA E VOLTA
    Vida social e tempo de lecer

Vida social e tempo de lecer

Os ámbitos de sociabilidade dos galegos e galegas nos países de emigración xorden principalmente da necesidade de interacción con familiares, amigos e veciños. Os espazos máis íntimos, como o propio fogar ou lugares públicos (unha praza ou calquera paisaxe natural), representan escenarios onde se fortalecen as redes sociais primarias, tan necesarias para calquera persoa e máis aínda cando se atopa fóra do seu lugar de orixe.
Os emigrantes contaron ademais cun ámbito de socialización importante como grupo étnico a través da súa afiliación aos centros galegos e ás asociacións microterritoriais. Trátase de entidades societarias multifuncionais centradas no mantemento de símbolos, valores e costumes propios da nosa terra para preservar a propia identidade cultural no país de destino fronte ao colectivo nacional e a outros grupos estranxeiros que alí residen.
Neste especial presentamos unha serie de imaxes que reflicten diversas actividades realizadas pola poboación emigrante no seu tempo de ocio, imaxes que envían a amigos e familiares a Galicia para transmitir unha idea de éxito e de gozo da vida. Calquera actividade no lecer rompe coa rutina diaria de traballo e serve para estreitar lazos familiares e de amizades que, pola súa vez, axudan á integración na sociedade de acollida, aínda que coa terra natal sempre no pensamento.

COLABORA CON ESTE PROXECTO

Emigrantes sarriaos de festa na Habana, ca. 1920
Gozando do verán, Mar del Prata, 1937
Baile infantil da colectividade galega de Montevideo, marzo de 1924
Festa no Centro Galego de São Paulo, 1909
Festa campestre en Montevideo, ca. 1930
Clase de natación no ximnasio do Centro Galego da Habana, 1930
Excursión de galegos e galegas en Bahia, 1927
Emigrantes galegas en Brooklyn, Nova York, 1946
Acto social de Hijos de Silleda en Bos Aires, ca. 1940
O traballo duns é o lecer doutros, Bos Aires, ca. 1946
Xornada festiva, Bos Aires, ca. 1940
Dous emigrantes naturais de Amoeiro: Santos Reza (coa guitarra) e Ramón Pulido (co acordeón), Bos Aires, ca. 1950
Grupo de galegos celebrando o Entroido en Salvador de Bahia, ca. 1950
Mariñeiros galegos nun día de descanso en Manzanillo, 1920

Non é posible ver o documento no teu navegador. Podes descargalo aquí.

Galegos en Brooklyn, reunión da familia Canales Rodríguez, Nova York, 1954
Grupo de emigrantes naturais de Santa Marta de Ortigueira celebrando unha misa pola súa patroa, A Habana, ca. 1940
Asado familiar en Bos Aires, ca. 1950
Visita obrigada a un monumento nacional, Santiago de las Vegas, Cuba, 1956
Un emigrante galego na cidade dos rañaceos, ca. 1950

Axúdanos a recuperar o patrimonio documental

Proxecto de recuperación documental e fotográfica da emigración galega Campaña de recollida das coleccións particulares dos nosos emigrantes.

Arquivo da Emigración Galega

Carolina García Borrazás: +0034 881 995 148
Teresa García Domínguez: +0034 881 995 143
aemigracion@consellodacultura.gal


As imaxes e documentos que aquí se expoñen forman parte do patrimonio fotográfico e documental que se conserva e salvagarda no Arquivo da Emigración Galega. Moitos deles proceden de coleccións particulares que a cidadanía puxo á disposición da sociedade a través do Consello da Cultura Galega; teñen un gran valor informativo e incrementan o coñecemento sobre os procesos migratorios en Galicia.

Instrucións para colaborar

Mulleres galegas na emigración

Ver seguinte