• slidebg1
    HISTORIAS DE IDA E VOLTA
    Centro Galego da Habana. Presenza de Galicia en Cuba

Centro Galego da Habana. Presenza de Galicia en Cuba

Ningún visitante da Habana queda indiferente ante a visión do magnífico edificio do antigo Centro Gallego de La Habana, símbolo do poderío e da grandeza que acadou a colectividade galega na illa ao longo dos séculos XIX e XX. Pero a grandeza dos nosos emigrantes na illa non foi só a súa construción senón tamén as decisións que foron aprobadas polos seus socios.
Foi creado en 1879 e ata o ano da súa desaparición como asociación en 1960, o Centro Galego levou a cabo un intenso labor educativo, a prol da alfabetización e formación dos seus socios e despois de toda a poboación habaneira, coa creación do Plantel educativo Concepción Arenal. Tamén destacou no ámbito hospitalario e asistencial, sendo propietario dunha das máis importantes organizacións sanitarias da illa, La Benéfica. Que dicir de todas as medidas tomadas para mellorar a vida cotiá dos galegos residentes na illa caribeña.
Con este especial preténdese difundir eses logros e lembrar o seu pasado como máximo referente da colectividade galega residente en Cuba, sen esquecer aos galegos e descendentes que alí viven e manteñen a pegada da cultura galega na illa.

COLABORA CON ESTE PROXECTO

Retrato de Waldo Álvarez Insua, director de <cite>El Eco de Galicia</cite> da Habana, ca. 1879
A primeira sede do Centro Galego da Habana, en Padro y Dragones, ca. 1880
D. Nicolás Villageliú foi o primeiro presidente do Centro Galego da Habana, ca. 1879

Non é posible ver o documento no teu navegador. Podes descargalo aquí.

Clase de inglés nunha aula do Plantel Concepción Arenal, A Habana, 5 de novembro de 1924
Carné de indentificación de socio do Centro Galego, A Habana, 1915
Grupo de alumnos do Plantel Concepción Arenal, A Habana, 1923
Clase de labores do Plantel Concepción Arenal do curso 1944-45, A Habana, 1944
Casa de saúde La Benéfica, A Habana, 1906
Pavillóns de labores médicas e cura de enfermos de La Benéfica, A Habana, 1907
Sala de intervencións cirúrxicas do sanatorio La Benéfica, A Habana, 1907

Non é posible ver o documento no teu navegador. Podes descargalo aquí.

Caixa de Aforros dos socios do Centro Galego da Habana, 1906
Palacio do Centro Galego da Habana, 1914
Interior do Teatro Tacón, A Habana, ca. 1905
Salón de baile do palacio do Centro Galego da Habana, ca. 1914
Anuncio do Centro Galego da Habana publicado na prensa da colectividade, 1916
Outro modelo de carné de socio do Centro Galego da Habana, 1940
Recibo de pagamento da cota de socio do Centro Galego, 1948
Reverso do recibo de pagamento da cota de socio do Centro Galego da Habana, 1948
Sede da Delegación do Centro Galego da Habana en Cárdenas, 1907
Presidentes de varias delegacións do Centro Galego da Habana, ca. 1909
Pavillón do Centro Galego da Habana na Exposición Regional Gallega, 1909
O Centro Galego da Habana no novo milenio, 2004

Axúdanos a recuperar o patrimonio documental

Proxecto de recuperación documental e fotográfica da emigración galega Campaña de recollida das coleccións particulares dos nosos emigrantes.

Arquivo da Emigración Galega

Carolina García Borrazás: +0034 881 995 148
Teresa García Domínguez: +0034 881 995 143
aemigracion@consellodacultura.gal


As imaxes e documentos que aquí se expoñen forman parte do patrimonio fotográfico e documental que se conserva e salvagarda no Arquivo da Emigración Galega. Moitos deles proceden de coleccións particulares que a cidadanía puxo á disposición da sociedade a través do Consello da Cultura Galega; teñen un gran valor informativo e incrementan o coñecemento sobre os procesos migratorios en Galicia.

Instrucións para colaborar

De Galicia a América: A chegada a un novo mundo

Ver seguinte