ca. 1200 - 1350. Primavera lírica dos trobadores: as flores do meu amigo

O século XIII é o do florecemento da escola lírica trobadoresca, favorecida polos reis de Castela-León, sobre todo Afonso X (rei 1252-84), e de Portugal, especialmente Don Denís (1278-1325), dous dos autores máis importantes dos Cancioneiros. Nestes figuran algúns dos máis inspirados poetas en idioma galego: Martín Codax, Johan Airas de Santiago, Airas Nunes, Paio Gomez Chariño ou Pero Meogo. A Afonso X tamén se deben as Cantigas de Santa María, un dos cumios da cultura europea medieval, recollidas en xurdios códices ricamente iluminados.