ca. 1800 - ca.1850. Lento acordar: a musa dos pobos

A insurrección popular e a consecuente guerra anti-napoleónica (1808-10) constitúen o pórtico da idade contemporánea. A moblización popular na guerrilla, e posteriormente os animados debates ideolóxicos trabados durante os períodos liberais (1812-14, 1820-23, 1834-...) na nacente prensa e mediante libelos, dan lugar ao emprego do idioma galego, basicamente circunstancial propagandístico; xa que logo, proliferan os Diálogos, Tertulias, Conversas e Coloquios. Pola contra, o cultivo literario desenvólvese moi paseniñamente, e cunha difusión limitada á circulación manuscrita.