ca. 1850 - 1880. Precusores: rachando a brétema azul

A gaita gallega (1853), de J. M. Pintos (1811-76), especie de tratado didáctico-revindicativo sobre a lingua galega, anuncia unha nova época, en que o idioma galego dunha banda experimenta un cultivo poético cada vez máis intenso e doutra banda é obxecto de estudo, ao tempo que a consciencia da identidade galega se vai adensando. Algúns textos testemuñan o devandito: no eido literario, a obra dispersa de autores como o citado J. M. Pintos ou Francisco Añón (1812-78), a antoloxía poética bilingüe Álbum de la Caridad (1862) e o poemario Cantares gallegos, cunha excelente acollida (1863); no eido filolóxico, a Gramática del idioma gallego (1868) de J. A. Saco Arce; no eido historiográfico, a Historia de Galicia (1885-66, 1888-91) de M. Murguía. Por parte, empréndese a recolla do cancioneiro oral e o estudo das tradicións populares, e prodúcense as primeiras tentativas de prensa periódica en idioma galego, das que a revista O Tío Marcos da Portela (1876-1880, 1883-89) contitúe un exemplo emblemático