MAPAS
As linguas na Península Ibérica

<<   1  2  3  4  5  6  >>

En España a realidade lingüística é rica e plural. Ademais do castelán, a lingua oficial en todo o territorio, hai tres linguas máis cun status de cooficialidade nas comunidades autónomas nas que se falan. Son os casos do éuscaro, do catalán e do galego. A isto debemos engadir outras linguas que contan cunha protección legal menor, como son o asturiano, o aragonés e o aranés. Ademais, nas Illas Baleares falan catalán e en Valencia tamén, só que alí coñecen a súa lingua como “valenciano”. O portugués, lingua próxima ao galego, fálase en todo Portugal, pero tamén nalgúns núcleos fronteirizos de Estremadura e Castela. En Portugal tamén se fala o mirandés e o barranqueño.