Combate a menopausa coa túa forza

Incorporación a Proxector: 3/3/2026

A menopausa ten un grande impacto na saúde da muller, derivado dos importantes cambios hormonais que se producen nesta etapa. Neste vídeo divulgativo (1´ 45´´) Jessica Rial, do Grupo de Investigación Performance and Health Group (PH-G) da Universidade da Coruña, preséntanos unha infografía sobre o impacto dos exercicios de forza para combatar a sintomatoloxía asociada á menopausa, centrándose nas adaptacións cardiovasculares, metabólicas e neuromusculares.

O responsable da información é Eliseo Iglesias Soler e a infografía elaborouse no marco da iniciativa "Digulgando o noso", promovida pola Universidade da Coruña e o Concello da Coruña, para difundir entre o público xeral o traballo de investigación que se está a desenvolver na UDC.

Eliseo Iglesias Soler    Jessica Rial    AUTORÍA
Universidade da Coruña CREACIóN
3/3/2026
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO