A física nuclear coida da nosa saúde

Incorporación a Proxector: 14/6/2023

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) explícanos neste vídeo divulgativo (2´ 33´´) como a investigación en física nuclear revolucionou no último século a historia da medicina (a esta rama da física debémoslle probas médicas tan rutineiras hoxe en día como facer unha radiografía ou pasar por un escáner). Descubrirás tamén que proxectos se están a desenvolver actualmente no IGFAE co obxectivo de acadar novas aplicacións da física nuclear no ámbito sanitario.

Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) CREACIóN
14/6/2023
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO