Seis mitos sobre a Idade Media que todo o mundo cre

Incorporación a Proxector: 6/9/2023

A historiadora Stephanie Honchell Smith fálanos neste vídeo de TED (4´ 48´´) da Idade Media europea e desmente seis mitos sobre esa época histórica. Eran os habitantes desta época tan incultos como se adoita crer? Foi aquela unha época onde primaba a superstición e a irracionalidade? Comían carne podre? Será certo que apenas se lavaban? Eran tan sanguinarios como para practicar aqueles métodos de tortura espantosos? Os cintos de castidade serían reais? Stephanie Honchell dános todas as respostas.

Tradución ao galego de Laura Nogueira Gómez.

Stephanie Honchell Smith    AUTORÍA
6/9/2023
TEMÁTICAS
Galego    Portugués    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO