Seara Descobre a literatura galega a través dos seus textos Discover Galician literature through its texts
Edición · Edition

A edición 2026 / The 2026 edition

Galego
English

Nesta edición de Seara ofrecemos traducións ao inglés de dous autores e dúas autoras, nomes todos moi coñecidos na literatura galega.

In this edition of Seara we offer English translations of two male authors and two female, all well known named in Galician literature.

María Mariño Carou (1907-1967) foi homenaxeada no Día das Letras Galegas, 2007. Autora pouco prolífica, de versos delgados e sosegados, expresou unha forte ligazón coa súa terra. É voz da posguerra e seica isto dá a idea de ser ela poeta intuitiva, no senso de calar os pensamentos de cara á súa contorna. Mais cómpre non interpretarmos o seu estilo ás veces sinxelo —intimista e rupturista dicían algunhas persoas— cunha falta de mestría expresiva. Por algo un poeta lle chamaría dinamiteira da fala, en contra doutras opinións que consideran a Mariño Carou como escritora contemplativa. As dúas obras que nos deixou, Palabra no tempo (1963) e Verba que comenza (1990), están representadas nesta ocasión.

María Mariño Carou (1907-1967) was the honoree for the Day of Galician Letters in 2007. Hers is a post-war voice and perhaps this gives the impression that she was an intuitive poet, in the sense of silencing thoughts related to her surroundings. However, we should not interpret her sometimes simple style —intimate and reformative, some would say— with a lack of expressive skill. There’s a reason why another poet would call her ‘dynamiter of the language’, in contrast with other opinions that consider Mariño Carou to be a contemplative writer.

Manuel Lourenzo (1943-2025) foi autor multipremiado polas súas numerosas publicacións, especialmente de obras de teatro (deixounos arredor dunhas 150). Foi fundador do pioneiro grupo Teatro Circo e da Compañía Teatral Luis Seoane. Con Francisco Pillado codirixiu os Cadernos da Escola Dramática Galega e asinou algunhas obras de consulta imprescindibles como o Dicionario do teatro galego (1987). O traballo de Lourenzo “explica a historia e a evolución do teatro na Galiza nas súas últimas seis décadas, onde xogou un papel chave na súa renovación, impulso e posta en valor” (Cilia Torna, Nós Diario, 2025). Foi tamén actor, director de teatro e máxime promotor da cultura e identidade da súa terra. A tradución que aquí se presenta é a súa Medea dos fuxidos. Finado en 2025, Seara inclúe este texto como homenaxe ao autor.

Manuel Lourenzo (1943-2025) was a writer frequently recognized for his numerous publications, especially his plays (he left around 150). He was the founder of the pioneering group Teatro Circo [Circus Theater] and the Compañía Teatral Luis Seoane [Luis Seoane Theater Company]. With Francisco Pillado he codirected the Cadernos da Escola Dramática Galega [Notebooks of the Galician School of Theater] and authored some essential reference works like the Dicionario do teatro galego [Dictionary of Galician Literature], 1987. Lourenzo’s work “explains the history and evolution of theater in Galicia in the last six decades, during which he played a key role in its renovation, momentum, and recognition” (Cilia Torna, Nós Diario, 2025). He was also an actor, theater director, and promoter of the culture and identity of his nation. The translation presented here is his Medea dos fuxidos [Medea of the Fugitives]. He died in 2025 and Seara includes this text in honor of this author.

Anxo Angueira (1961), ademais de ser coñecido pola súa narrativa (Pensa nao, en inglés Listing Ship) e polo seu traballo como presidente da Fundación Rosalía de Castro, tamén é crítico literario e poeta. Nesta ocasión presentamos poemas do libro Palmeiras, piueiros, obra que retrata con insistencia o ambiente de loita e de solidariedade dunha historia inesquecible. As relacións intertextuais que Angueira establece entre diversos temas relacionados coa resistencia política internacional, así coma as referencias literarias e á música contemporánea, son o fío que entretece os seus versos. E a base da súa creación poética é o lugar de Manselle, no seu concello natal de Dodro, berce dun galego extraordinariamente rico.

Anxo Angueira (1961), in addition to being known for his fiction (Pensa nao, in English Listing Ship) and for his work as president of the Rosalía de Castro Foundation, is also a literary critic and poet. On this occasion we offer poems from the book Palmeiras, piueiros [Palm Trees, Anchor Stones], a work that vigorously portrays the atmosphere of struggle and solidarity in an unforgettable period of history. The intertextual relationships established by Angueira among various themes associated with the international political resistance, such as the literary references and contemporary music, are the thread that is woven throughout his verses. And the base for his poetic creation is Manselle, in his native municipality of Dodro, birthplace of an extraordinarily rich form of the Galician language.

María Xosé Queizán (1939), matriarca do feminismo galego, figura nesta edición co ensaio fundacional (traducido a dúas voces) Recuperemos as mans. A súa presenza en Seara é tamén unha forma de recoñecer o constante traballo de Queizán por forxar contactos entre a literatura galega e a doutros países, como se ve nos materiais publicados ao longo da andaina editorial da revista Festa da Palabra Silenciada. Defensora dos dereitos da muller cando a súa voz era case nao senlleira, despois de décadas Queizán está a recibir a atención merecida. Toda a súa obra —poesía, prosa, ensaio, crítica literaria— mostra a fidelidade á idea da muller merecedora dun status igual ao do home na sociedade. Existen traducións ao inglés da súa poesía e da novela A semellanza… e agardamos que haxa máis nun futuro próximo.

María Xosé (1939), matriarch of Galician feminism, is included in this edition with her very important essay (translated by two persons), Recuperemos as mans [Recovering our hands]. Her presence in Seara is also a way of recognizing Queizán’s constant effort to form contacts between Galician literature and that of other countries, as can be seen through the material published throughout the trajectory of the journal Festa da palabra silenciada [Festival of the Silenced Word]. Defender of women’s rights at a time when her voice was like a solitary ship sailing the sea, after decades Queizán is receiving the attention she deserves. All of her work —poetry, prose, literary criticism— shows her faithfulness to the idea of women as deserving of the same status as men in society. There are English translations of her poetry and the novel A semellanza [The Likeness], and we hope there will be more in the future.

Kathleen March

Kathleen March

Edicións anteriores · Past editions: 2025

Explorar os textos · Explore the texts