

Sempre Rosalía
Rosalía de Castro é a gran figura fundacional da cultura galega, unha poeta e novelista convertida na figura máis destacada do Rexurdimento cultural galego no século XIX e que segue a gozar entre a cidadanía do país dun enorme recoñecemento e agarimo.Neste especial ofrecemos unha escolma de contidos e recursos do Consello da Cultura Galega ao redor da escritora.
Ademais, incluímos unha colaboración da profesora Valéria Gil Conde coa súa achega contextualizadora para dar a coñecer a súa obra e legado para as comunidades de lingua portuguesa. Sejam bem vindos!
A tradução inaugural de Rosalía de Castro no Brasil
Valéria Gil CondeUnha escolma de publicacións do CCG sobre Rosalía de Castro


Cantares para Rosalía Nove poetas galegas dialogan cos seus versos
María do Cebreiro Rábade. Edición Dolores Vilavedra. Edición 2013
Ofrenda a Rosalía de Castro no Centro Galego de Buenos Aires 24/7/59
Manuel Suárez. Coordinación Afonso Vázquez-Monxardín. Edición Xosé Mosquera Pérez. Autoría Ramón Otero Pedrayo. Autoría Eduardo Sánchez Millares. Autoría Afonso Cid González. Locución Vidal López. Son 1995
Actas do Congreso Internacional de Estudos sobre Rosalía de Castro e o seu tempo (v.1) Santiago, 15-20 de xullo de 1985
Darío Villanueva. Coordinación 1986Rosalía de Castro: Tradición e modernidade
O Consello da Cultura, o Instituto Cervantes e a Xunta de Galicia organizaron en 2013 un ciclo de conferencias nas que destacadas figuras da cultura galega e española reflexionaron sobre o legado e impacto da autora.Rosalía de Castro e a poesía galega contemporánea
Arcadio López Casanova.
Poeta e catedrático da Universidade de Valencia
Rosalía de Castro e a poesía española contemporánea
Luis Garcia Montero.
Poeta e catedrático da Universidade de Granada.
Rosalía de Castro: a súa vida e a súa literatura
Luis Alberto de Cuenca.
Poeta. CSIC
Marina Mayoral.
Escritora e catedrática da Universidade Complutense de Madrid.
Carlos Reigosa.
Escritor.
Epistolario de Rosalía de Castro

A colección de cartas de Rosalía de Castro non é moi abundante, pero permítenos achegar á vida cotiá e ás relacións familiares e de amizade da escritora.
Explora o epistolario
As mulleres do porvir
A Galicia do século XIX destacou polas significativas mulleres que rexistraron moito do pensamento máis avanzado na súa época, tanto na literatura coma no pensamento e no debate social. En As mulleres do porvir (2003), o derradeiro texto teatral publicado pola actriz e dramaturga Dorotea Bárcena , imaxina un diálogo entre tres das máis destacadas: Concepción Arenal, Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán. O audiovisual está producido para o Consello da Cultura Galega por A Quinta do Cuadrante e dirixido por Tito Asorey.Rosalía de Castro nas terras de Compostela e Iria

Explore os escenarios biográficos e as paisaxes urbanas e naturais que inspiraron a obra da poeta e novelista.
Visitar roteiro