Vivir no solo

Vivir no solo

O 22 de abril é o Día Mundial da Terra, unha efeméride que lembra a responsabilidade de coidar e protexer o planeta tras observárense os primeiros indicios da súa degradación por mor da acción do home. Sobre a importancia de perservar este recurso non renovable fala a banda deseñada do Consello da Cultura Galega “Vivir no solo”. Este especial web visibiliza todas as edicións deste produto que se presentou por primeira vez no ano 2000 e que se traduciu a 11 linguas, tivo 14 edicións e do que se editaron máis de 70.000 exemplares.