O Consello da Cultura Galega,
ten o pracer de te convidar ao Concerto das Letras Galegas,no que a Real Filharmonía de Galicia, a soprano Carmen Durán e o barítono Gabriel Alonso Díaz, baixo a dirección de Maximino Zumalave, interpretarán obras de Joly Braga Santos, Xosé Castro "Chané", Antonio Iglesias Vilarelle e Xavier de Paz, partituras compostas sobre textos de Rosalíade Castro, Manuel Curros Enríquez e Xosé Filgueira Valverde.
OBRAS
CANTARES GALLEGOS
Joly Braga Santos
Texto: Rosalía de Castro
- I. Campanas de Bastabales
- II. Aló, pola mañanciña
- III. Paseniño, paseniño
- IV. Cada estrela o seu diamante
- V. Corre o vento, o río pasa
- Solista: Carmen Durán
CATRO CANCIÓNS
José Castro "Chane" / Orq. J. Durán
Texto: Manuel Curros Enríquez
- I. Cantiga
- II. Os teus ollos
- III. Tangaraños
- IV. Un adiós a Mariquiña
- Solista: Gabriel Alonso Díaz
CHUCURRUCHU
Antonio Iglesias Vilarelle
"Suite" para frauta e instrumentos de arco
- I. Alborada. Largo
- II. Corpo Santo. Andante con moto
- III. Despedida. Allegro Gioccosso
DÚAS CANTIGAS
Xavier de Paz
Texto: Xosé Filgueira Valverde
- Cantiga I
- Cantiga II
- Solista: Carmen Durán e Gabriel Alonso Díaz
- Obra de encargo. Estrea Absoluta
INTÉRPRETES

ORQUESTA
Real Filharmonía de Galicia
A Real Filharmonía de Galicia (RFG) nace da man da Xunta de Galicia en 1996 cunha vocación universal, como a propia cidade onde ten a súa sede, Santiago de Compostela. O Consorcio da cidade de Santiago é o organismo encargado da súa xestión.
Esta orquestra sinfónica, que representa en si mesma o concepto de espírito aberto, conciliador e amable que encerra a música, está formada por cincuenta músicos de diferentes nacionalidades que achegaron a súa experiencia, formación, tradición musical, empeño e ilusión. Xunto a eles, mestres como Maximino Zumalave, músico comprometido coa súa cidade, como director asociado; Helmuth Rilling, o primeiro director titular da orquestra que achegou a forza e pulo necesarios para iniciar este proxecto; Antoni Ros Marbà, que consolidou a súa traxectoria durante catorce anos, e agora Paul Daniel, desde xaneiro de 2013, novo director titular, tiveron ou teñen a responsabilidade de conducir esta formación musical.

DIRECTOR
Maximino Zumalave
Director e pianista compostelán, formouse musicalmente en Santiago, Madrid, Viena e Stuttgart. Foi discípulo de ángel Brage, Rosa Sabater, Guillermo González, John Elliot Gardiner e helmuth Rilling. Fundador e director do coro Universitario de Santiago e do collegium compostellanum, principal director invitado da Orquestra Sinfónica de Galicia (1992-1995) e director asociado da Real Filharmonía de Galicia, formación da que foi fundador. Director asociado da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia e profesor de Sinfonismo nos cursos Universitarios internacionais de Música en compostela. con Maximino Zumalave actuaron solistas como J. Achúcarro, T. Barto, M. Bayo, E. Bitetti, R. Buchbinder, R. castromil, A. ciccolini, J. colom, V. Gens, V. Georghiu, W. holzmair, as irmáns Labèque, N. Lahusen, A. de Larrocha, A. León Ara, ch. Margiono, A. Nafé, M. Orán, A. Rolfe Jonson, G. Sandor, J. Soriano, i. Vermillion e F. P. Zimmermann, entre outros. Frecuente e moi especial é a súa colaboración con Teresa Berganza en diferentes países de Europa.
Dirixiu importantes formacións tanto estranxeiras como españolas, como a Orquestra de cámara de Stuttgart, The English chamber Orchestra, Sinfónica de Praga, Orquestra da Ópera Nacional de Sofía, Nacional de Lille, Sinfónica de Odense, Sinfónica de Porto, The Brabants Orchester (Eindhoven), Orkest van het Oosten (Enschede), English Baroque Soloist, Bach collegium, Nacional de España, Sinfónica de Madrid, ciudad de Barcelona, Sinfónica de Tenerife ou a Orquesta ciudad de Granada, entre outras.
En febreiro de 1995 foi elixido académico de número da Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario. Dende 2010, é membro do Plenario, coordinador da Sección de Música e Artes Escénicas do consello da cultura Galega e, dende 2014, forma parte da comisión Executiva desta institución. En xuño de 2008 o consello da Xunta de Galicia concedeulle a Medalla castelao

SOPRANO
Carmen Durán
A soprano galega carmen Durán empeza a súa formación na Escuela Superior de canto de Madrid con Lola Rodríguez de Aragón e Félix Lavilla, do que recibe clases de interpretación. Alí debuta en Cosí fan tutte e inicia a súa actividade concertística no Teatro Real como solista xunto ao coro Nacional de España. Prosegue os seus estudos en Milán, no centro di Perfezionamento per Artisti Lirici del Teatro alla Scala, con Giulietta Simionato e forma parte do elenco en producións en que traballa con Abbado, Strehler, Kuhn, Taddei, hoffmann, Brendel, Arena, etc. Nese mesmo teatro preséntase como cantante de lied xunto a Wladimir cernov. En Treviso gaña o primeiro premio do concurso internacional de canto Toti dal Monte, o que propiciou o seu debut en Treviso e Rovigo; e continúa a súa actividade operística en Alemaña como titular do Stadttheater de heidelberg, que a contrata para participar nunha produción de Don Giovanni.
Participa en numerosas producións como intérprete de Verdi, Puccini, Nicolai, Strauss, Gounod, Bizet en Gießen, Mannheim, Freiburg, Braunschweig, Dortmund, colonia, St. Gallen e Basel, etc., e inicia unha intensa actividade concertística como intérprete de grandes oratorios e un vasto repertorio de lieder, especializándose en composicións de Schubert, Brahms, Schumann, Wolf, Mahler e Strauss, gabadas sempre pola crítica alemá. A especialización musical neste terreo vai acompañada dun profundo estudo da literatura da época, para a cal obtén a licenciatura alemá pola Universidade de heidelberg.

BARÍTONO
Gabriel Alonso Díaz
Gabriel Alonso Díaz nace en Ferrol (A coruña) en 1991. é un barítono que inicia os seus estudos oficiais de canto no conservatorio Profesional de Música "Xan Viaño" no ano 2011, centro no cal cursa actualmente Grao Profesional. Tamén neste conservatorio estuda a especialidade de Saxofón, e obtén as máis altas cualificacións en ambas as especialidades, con tres matrículas de honra. Neste centro é alumno de Arantxa García e, anteriormente, de Luz Alonso, así como da pianista repertorista Alexandra Pita hevia. é, ademais, alumno do prestixioso barítono Juan Jesús Rodríguez e asiste a cursos de interpretación e repertorio vocal coa soprano Patricia Rodríguez e de Dirección coral co mestre Basilio Astúlez. No ano 2014, foi gañador da Fase Autonómica do concurso intercentros da Fundación Orfeo, para representar a comunidade Autónoma de Galicia na Fase Final Nacional. Recibiu tamén o Primeiro Premio ao Mellor intérprete de Zarzuela no concurso de canto de Amigos da Ópera de Santiago de compostela. inicia a súa carreira operística en febrero de 2015 no Teatro Victoria Eugenia de San Sebastián, co título il barbiere di Siviglia, xunto a artistas como Silvia Beltrami, Alberto Zanetti, Sergio Vitale..., e baixo a dirección musical de Diego García Rodríguez. Entre os seus próximos proxectos atópanse diversos recitais de ópera e zarzuela, así e como a estrea absoluta dunha ópera en galego.