Foro - Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade. 19 e 20 de xuño de 2008

Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade

Foro

Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade

19 e 20 de xuño de 2008
Santiago de Compostela
Foro

Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade

19 e 20 de xuño de 2008 Santiago de Compostela
O foro de debate, que se celebrou no Consello da Cultura Galega os días 19 e 20 de xuño, analizou a situación actual e as perspectivas do idioma galego nun contexto global. Para isto contou coa participación de 18 expertos de dez universidades europeas. O obxectivo do foro foi ofrecerse como ámbito de análise sobre a situación presente e as perspectivas de futuro do idioma galego, no marco dunha reflexión de horizonte alongado sobre as condicións da sustentabilidade da diversidade lingüística no mundo contemporáneo e dun debate sobre as fórmulas de convivencia nas sociedades plurilingües. Por tanto, a problemática do galego foi considerada, desde unha perspectiva ecolingüística, en varias dimensións: no escenario global da mundialización, no espazo europeo de diversidade lingüística, no marco do multilingüismo español, nas condicións concretas da sociedade galega, e na perspectiva da súa relación especial co ámbito luso-brasileiro.

Publicación
Sociedades plurilingües
Sociedades plurilingües Da identidade á diversidade
Henrique Monteagudo, Coordinación. | 2009
Temáticas
Ficha técnica 
Foro
Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade
Cando
19 e 20 de xuño de 2008
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205

Coordinación
Henrique Monteagudo
Organiza
Consello da Cultura Galega