Ciclo - 1.ª Dramaturxias itinerantes. Luns, 8 de abril de 2019 ás 18:30 horas

1.ª Dramaturxias itinerantes

Dramaturxias itinerantes/ Dramaturgias itinerantes Ciclo

1.ª Dramaturxias itinerantes

Luns, 8 de abril de 2019 ás 18:30 horas
Santiago de Compostela
Ciclo
Dramaturxias itinerantes/ Dramaturgias itinerantes

1.ª Dramaturxias itinerantes

Luns, 8 de abril de 2019 ás 18:30 horas Santiago de Compostela

O Consello da Cultura Galega, o Camões, Centro Cultural Portugués en Vigo e a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia poñen en marcha o programa “Dramaturxias itinerantes/Dramaturgias itinerantes”, que ten como obxectivo servir de ponte entre as escrituras teatrais galega e portuguesa para fomentar, a través do diálogo escénico, un mellor coñecemento mutuo que poida agromar en futuros traballos colectivos.


Nesta primavera de 2019 inauguramos en Galicia o ciclo e acollemos, primeiro en Compostela e despois en Vigo, as dramaturgas Patrícia Portela e AveLina Pérez. Escoitaremos os seus textos orixinais nas voces do alumnado da ESAD e de parte do Grupo de Teatro Amador do Centro Cultural Português do Camões de Vigo "Eu.Experimento" e teremos ocasión de departir coas dúas escritoras. Por volta do verán, a actividade terá continuidade en terras portuguesas.


Coma en anteriores encontros literarios –organizados en colaboración co Instituto Ramon Llull e o Instituto Etxepare–, o Consello da Cultura Galega publicará na súa web os textos dramatizados na xornada coa finalidade de seguir a estreitar os vencellos entre a cultura galega e a portuguesa, co teatro como aliado na construción dun espazo común e diverso no que existirmos e dende o que falar coas nosas propias voces.


O martes, 9 de abril, ás 16:30 horas esta sesión de lecturas dramatizadas repetirase na sede da ESAD de Vigo.
Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD)
Poza Cabalo, s/n 36212 VIGO (Pontevedra)

Ficha técnica 
Ciclo
Dramaturxias itinerantes/ Dramaturgias itinerantes
1.ª Dramaturxias itinerantes
Cando
Luns, 8 de abril de 2019 ás 18:30 horas
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Dirección
Nuria Montero
Autoría
AveLina Pérez
Patrícia Portela
Inauguración
Rosario Álvarez
Carla Sofía Amado
Dolores Vilavedra
Modera
Afonso Becerra de Becerreá
Organiza
Acción exterior do Consello da Cultura Galega
Centro Cultural Português do Camões IP em Vigo
Centro Cultural Português do Camões IP em Vigo
Consello da Cultura Galega
Escola Superior de Arte Dramática de Galicia
Escola Superior de Arte Dramática de Galicia
Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais (CCG)