Presentación
Cultura e sustentabilidade
Presentación do informe
MONTERROSO - Xoves, 8 de xullo de 2021
Monterroso
18:00 horas
Presentación
Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega
Rocío Seijas, alcaldesa do Concello de Monterroso
18:15 horas
Presentación do informe Cultura e sustentabilidade
Fran Quiroga
18:45 horas
Conversa
A sustentabilidade na práctica cultural
- Begoña de Bernardo, Rede Galega de Sementes
- Adrián Gallero, Agrocuir
- Alfonso Blanco Torrado, Festival de Pardiñas
19:45 horas
Foliada coa Asociación Sociocultural Falcatrueiros de Monterroso
Fran Quiroga
http://franquiroga.gal/gl/
É investigador transdisciplinar. Dirixiu investigacións experimentais como o #salóndoMARCO, Fiestas Raras ou Ruraldecolonizado, entre outras. É coeditor e coautor dos libros Pensar y hacer en el medio rural, A través das marxes e La fiesta, lo raro y el espacio público.
Rede Galega de Sementes
https://redegalegadesementes.wordpress.com/
A Rede Galega de Sementes é un colectivo preocupado pola conservación e mellora da biodiversidade agrícola, que nace coa intención de potenciar o uso de sementes de variedades tradicionais fronte ás variedades comerciais.
Festival Agrocuir
https://festivalagrocuir.wordpress.com/
O Festival Agrocuir da Ulloa é unha iniciativa sen ánimo de lucro realizada no rural lucense dende hai seis anos. Ten como obxectivo reivindicar a diversidade sexual e de xénero no rural.
Festival de Pardiñas
Un dos grandes festivais de Galicia, que conta con máis de 40 edicións e no que ano tras ano a veciñanza de Pardiñas colabora e participa nun encontro que vai alén das músicas, para mesturar arte e natureza.
LUGAR
Praza do Froito
Monterroso
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Os contidos serán gravados e estarán dispoñibles con posterioridade á xornada en www.consellodacultura.gal
ASISTENCIA
Entrada libre até ocupar a capacidade da praza. Non se require inscrición previa.
As persoas asistentes deberán cumprir os protocolos anticovid que indique a organización.
En caso de choiva, o acto trasladarase á Cúpula do Campo da Feira.