Ciclo - 4º ciclo de cinema galego-portugués. Verín - 27, 28 e 29 de outubro de 2022

4º ciclo de cinema galego-portugués

Mulleres, Patrimonio, Sociedade Ciclo

4º ciclo de cinema galego-portugués

Verín - 27, 28 e 29 de outubro de 2022
Verín
Ciclo
Mulleres, Patrimonio, Sociedade

4º ciclo de cinema galego-portugués

Verín - 27, 28 e 29 de outubro de 2022 Verín
Este ciclo de cinema galego-portugués ten como obxectivo promover o intercambio cultural entre Galicia e Portugal. Despois dunha primeira edición, realizada en Braga (Portugal) os días 3, 10 e 17 de maio de 2018, a segunda tivo lugar en Vigo (Galicia) os días 26, 27 e 28 de setembro de 2019, e a terceira edición, levouse a cabo en Arcos de Valdevez (Portugal) os días 14, 15 e 16 de outubro de 2021. Neste ano 2022 realizarase en Verín os días 27, 28 e 29 de outubro e centrarase no papel das mulleres no mundo da morte e da dor que se ergue cunha forte carga patrimonial e social, un mundo que une moitos territorios do rural galego e portugués, onde presenta características comúns arredor do papel da muller, as crenzas e os ritos, mais tamén algunhas diverxencias. Moitos destes aspectos serán tratados a través dos audiovisuais seleccionados.

O ciclo estrutúrase en tres xornadas continuas (xoves, venres e sábado) nas que se proxectarán dúas longametraxes, unha portuguesa e unha galega, ou varias curtas tamén galegas e portuguesas, seguidas dun debate no que se contará coa participación das directoras e directores, unha figura representativa dalgunha das institucións organizadoras para conducir o debate e o público protagonista deste ciclo. As institucións implicadas son o Consello da Cultura Galega, a Universidade do Minho (UMinho), o Centro de Estudos Galegos, o Camões – Instituto da Cooperação e da Língua, o Museo do Pobo Galego a través da Mostra Internacional de Cine Etnográfico e o Concello de Verín.