Afonso X e Galicia

Exposición. Afonso X e Galicia

Afonso X e Galicia

Biblioteca Florestan Fernandes FFLCH (USP) do 13 de setembro ao 10 de outubro de 2023
São Paulo
Exposición
Afonso X e Galicia

Afonso X e Galicia

Biblioteca Florestan Fernandes FFLCH (USP) do 13 de setembro ao 10 de outubro de 2023 São Paulo
“Afonso X e Galicia” é un proxecto expositivo producido polo Consello da Cultura Galega en colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense.

Despois de visitar diferentes institucións, nesta ocasión a exposición chega a Brasil, para presentarse na Biblioteca Florestan Fernandes FFLCH (USP), na Av. Prof. Lineu Prestes – travessa 12, nº 350 Cidade Universitária, São Paulo - SP. O acto de inauguración será o 13 de setembro de 2023 ás 11:00 horas, e poderá visitarse até o 10 de outubro.

Comisariada polo Dr. Antoni Rosell (Universitat Autònoma de Barcelona), a mostra busca visibilizar a conexión con Galicia de Afonso X, no 800 aniversario do seu nacemento, a través das “Cantigas de Santa Maria” pero tamén noutros nexos máis profundos, ao tempo que amosa un intelectual que condensa outra forma de entender o saber do seu tempo.

A proposta afástase das exposicións de obxectos, busca compoñer ese relato a modo de crebacabezas con varios niveis, apoiado nunha narrativa multimedia. As circunstancias sanitarias obrigaron a adaptar o deseño desta exposición para que se poida “tocar” virtualmente a través dos dispositivos móbiles, pero tamén de proxeccións visuais e sonoras que permitirán trasladar a atmosfera da Idade Media. O relato permitirá achegarse á complexa e poliédrica figura de Afonso X, ás Cantigas de Santa María, como testemuño visual e sonoro da Idade Media galega e europea, aos instrumentos e á cultura galega da época.

Con motivo desta mostra, organízanse unha serie de actividades:

- Colóquio Internacional "Afonso X: permanência e itinerância", que terá lugar os días 13, 14, 15, 20, 21 e 29 de setembro e 10 de outubro. Máis información no programa anexo.

- Concerto "TROVADORES, REPENTISTAS E CANTADORES: Medievalidade e poética do improviso 2023", o 13 de setembro ás 11:30 horas no Auditório 14 (Ciência Política - FFLCH), coa participación de Antoni Rossell (UAB), Luiz Fiaminghi e Valéria Bittar (Grupo Anima, UDESC). Consulta o programa na información anexa.
LUGAR
Biblioteca Florestan Fernandes FFLCH (USP)
Av. Prof. Lineu Prestes – travessa 12, nº 350
Cidade Universitária, São Paulo
Brasil
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Programa
Afonso X e Galicia
Programa en PDF
Afonso X e Galicia
Convite en PDF
Afonso X e Galicia
Cartaz en PDF
Publicación
AX-G. Afonso X e Galicia
AX-G. Afonso X e Galicia Catálogo da exposición - Galego
Antoni Rossell, Autoría. | 2021
AX-G. Alfonso X and Galicia
AX-G. Alfonso X and Galicia Exhibition catalogue - English
Antoni Rossell, Autoría. | 2021
AX-G. Alfonso X y Galicia
AX-G. Alfonso X y Galicia Catálogo de la exposición - Español
Antoni Rossell, Autoría. | 2021
Visita en liña
Afonso X e Galicia.
Máis información
Esta exposición foi inaugurada o 12/1/2021
- Itinerancias
- Como solicitar a exposición
Ficha técnica 
Exposición.
Afonso X e Galicia
Afonso X e Galicia
Cando
Biblioteca Florestan Fernandes FFLCH (USP) do 13 de setembro ao 10 de outubro de 2023
Onde
São Paulo
Enderezo

Biblioteca Florestan Fernandes FFLCH (USP)
Av. Prof. Lineu Prestes – travessa 12, nº 350
Cidade Universitária, São Paulo
Brasil

Organiza
Acción exterior do Consello da Cultura Galega