A materialidade dos espazos comunais

Encontro. Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural

A materialidade dos espazos comunais

Pasado, presente e futuro das comunidades rurais do noroeste peninsular

EMPC#44 | IN SITU | 30 de abril de 2024
Casaio
Encontro
Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural

A materialidade dos espazos comunais

Pasado, presente e futuro das comunidades rurais do noroeste peninsular

EMPC#44 | IN SITU | 30 de abril de 2024 Casaio
Os espazos de xestión comunal son unha parte fundamental e moi particular da paisaxe galega e do noroeste peninsular. Segundo o proxecto Life In Common Land, financiado pola Comisión Europea, a cuarta parte do territorio galego —máis de 700 000 hectáreas— corresponde aos chamados montes veciñais en man común (MVMC), xestionados por máis de 2800 comunidades. Hoxe en día, recoñécese a importante achega desta figura para a vida social, económica e ambiental das comunidades rurais. Porén, estes espazos son tamén eixes de múltiples conflitos que poñen en xogo unha importante diversidade de axentes con intereses e propostas moi diversas. Un dos factores máis relevantes destas confrontacións está ligado á propiedade e xestión deses montes, vertebrada e configurada a través dunha longa e complexa historia. A longa historia dos espazos comunais é, entón, un elemento crucial para a configuración das comunidades rurais tanto no pasado como no presente, así como obxecto de disputa continuada ao longo do tempo. Isto explica o interese crecente para estudalos dende a academia, xa dende os traballos de E. Ostrom nos anos noventa, que iniciaron un auténtico boom de estudos e aproximacións aos espazos comunais. Deste xeito, novas propostas metodolóxicas, como o estudo arqueolóxico ou etnográfico, están revelando a súa antigüidade e a súa complexidade, con fortes repercusións ata a actualidade.

Este encontro ten tres obxectivos complementarios: por unha banda, reivindicar a longa historia dos espazos de xestión comunal e as novas metodoloxías que permiten unha achega complexa a estes procesos; por outra banda, entender e debater sobre o seu papel actual para a configuración das comunidades rurais e os conflitos que xeran hoxe en día, así como reflexionar colectivamente sobre o papel que están chamados a desempeñar no futuro, e, finalmente, devolver o coñecemento ás propias comunidades establecendo un diálogo con elas que nos permita fortalecelas de cara ao seu futuro.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado.
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR
Antigas Escolas
Casaio
Carballeda de Valdeorras (Ourense)
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Encontro.
Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural
A materialidade dos espazos comunais
Pasado, presente e futuro das comunidades rurais do noroeste peninsular
Cando
EMPC#44 | IN SITU | 30 de abril de 2024
Onde
Casaio
Enderezo

Antigas Escolas
Casaio
Carballeda de Valdeorras (Ourense)

Coordinación
Lara Barros Alfaro
Rebeca Blanco-Rotea
Carlos Tejerizo
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Patrimonio e Bens Culturais (CCG)
Colabora
Asociación Científica Sputnik Labrego
Comunidade de Montes de Casaio e Lardeira