Conferencia - Joaquim Sabaté: <i>Retos do urbanismo no século XXI, o territorio suxeito de dereitos</i>. 27 de maio de 2024

Joaquim Sabaté: Retos do urbanismo no século XXI, o territorio suxeito de dereitos

Conferencia.

Joaquim Sabaté: Retos do urbanismo no século XXI, o territorio suxeito de dereitos

27 de maio de 2024
Santiago de Compostela
Conferencia

Joaquim Sabaté: Retos do urbanismo no século XXI, o territorio suxeito de dereitos

27 de maio de 2024 Santiago de Compostela
O Consello da Cultura Galega colabora co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia para acoller a conferencia de Joaquim Sabaté, que terá lugar o próximo luns 27 de maio, ás 19:00 horas no Salón de actos do Consello da Cultura Galega.

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a súa Delegación de Santiago, organizan o ciclo de conferencias denominado “Territorios Análogos”. Este ciclo, que conta con especialistas en urbanismo e ordenación do territorio, permitirá coñecer diferentes experiencias levadas a cabo fóra de Galicia, e que en poderían gardar certa analoxía coa nosa realidade territorial.

A quinta das conferencia, terá lugar o vindeiro luns 27 de maio, ás 19:00 horas, a cargo de Joaquim Sabaté, titulada Retos do urbanismo no século XXI, o territorio suxeito de dereitos. Joaquim reflexionará sobre os desafíos complexos aos que se enfronta o urbanismo do século XXI, onde o territorio emerxe como un suxeito de dereitos que esixe atención e protección.

Neste contexto, é crucial recoñecer a rica cultura territorial presente ao longo da historia e desentrañar os patróns de ocupación do territorio mediante a interpretación profunda da súa cultura. A categorización e a proxección efectiva do territorio son fundamentais, especialmente en tempos de incerteza, para fomentar un desenvolvemento urbano e territorial sostible e equitativo. A identidade do territorio revélase como unha fonte de alternativas, promovendo a actualización de patróns tradicionais e a adopción de modelos e ferramentas para guiar o desenvolvemento urbano. Así mesmo, requírese establecer criterios claros e pre-requisitos fundamentais para abordar de maneira integral o proxecto territorial, recoñecendo a importancia dun enfoque holístico e colaborativo para garantir a viabilidade e equidade no desenvolvemento territorial.

INSCRICIÓN:
A conferencia é de libre acceso pero para calquera persoa interesada é necesaria a inscrición previa para unha adecuada organización.

A inscrición dá dereito á reserva de praza ata 10 minutos antes da hora de comezo. A partir dese momento ponse ao dispor das persoas interesadas en asistir que se achegaron ao lugar de realización da conferencia.

ACCESO AO FORMULARIO DE INSCRICIÓN:
https://www.coag.es/charlas/info.asp?id_charla_p=1074
ASISTENCIA

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205
MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Conferencia
Joaquim Sabaté: Retos do urbanismo no século XXI, o territorio suxeito de dereitos
Cando
27 de maio de 2024
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Organiza
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia