Xornada - Recuperemos as mans. Homenaxe a María Xosé Queizán. Venres, 14 de marzo de 2025 ás 19:00 horas

Recuperemos as mans. Homenaxe a María Xosé Queizán

Xornada

Recuperemos as mans. Homenaxe a María Xosé Queizán

Venres, 14 de marzo de 2025 ás 19:00 horas
Vigo
Xornada

Recuperemos as mans. Homenaxe a María Xosé Queizán

Venres, 14 de marzo de 2025 ás 19:00 horas Vigo
María Xosé Queizán escribe os seus primeiros ensaios feministas no medio dunha intensa fervenza na que conflúen a actividade organizativa e mais a experiencia vital, os azos da creación coa necesidade de actuar e a urxencia de razoar a condición das mulleres en Galicia. Por iso os seus primeiros ensaios xorden coa vontade de pensar desde a praxe. Recuperemos as mans e Evidencias, textos publicados en 1980 e 1989, respectivamente, dos que disque pouco se falou, aínda que nos abriran os ollos e nos fixeran escoitar e rachar silencios.

Este é o valor desta homenaxe, traer á actualidade o escrito pola autora, establecer un diálogo entre o tempo da primeira publicación e a actual, non tanto para comprobar aínda a vixencia ou superación de moitas das argumentacións, senón para admitir a relevancia da súa escrita naquela etapa histórica dos inicios democráticos na que comezaban a mudar comportamentos, máis que leis, que admitían algo máis a independencia económica da muller, a súa saída do privado, do doméstico, para deixar de tratala como unha menor dependente do pai ou do esposo. Ese momento en que a lingua, reducida a unha función familiar, no mundo do privado, se converte en tema e era preciso liberala. A relación entre a situación da muller e da lingua galega foi esclarecedora; como evidente e, á vez, perturbador resultou ler en Recuperemos as mans a identificación da muller coa imaxe do escravo.

Oxalá esta xornada reavive ou esperte o interese pola obra da autora e permita a entrada deses textos en novos espazos e nas lecturas das xeracións máis novas. Todo pode comezar por lle prestarmos atención á súa maneira de situarse no espazo como cidadá e como escritora e pensadora.
Ficha técnica 
Xornada
Recuperemos as mans. Homenaxe a María Xosé Queizán
Cando
Venres, 14 de marzo de 2025 ás 19:00 horas
Onde
Vigo
Lugar

Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Rúa do Príncipe, 54
36202 Vigo

Relator/a
Carme Adán Villamarín
Marga do Val
Helena González Fernández
María Xosé Porteiro García
Iolanda Veloso Ríos
Presenta
Inma López Silva
Organiza
Consello da Cultura Galega
Colabora
Museo de Arte Contemporánea de Vigo