Mesa - Administración, xustiza e servizos públicos. Xoves, 20 de marzo de 2025

Administración, xustiza e servizos públicos

Administración, xustiza e servizos públicos

Xoves, 20 de marzo de 2025
Santiago de Compostela
Mesa
Un país coa súa lingua. Foro participativo

Administración, xustiza e servizos públicos

Xoves, 20 de marzo de 2025 Santiago de Compostela
Ante a premisa de que o idioma galego debe estar garantido na relación da cidadanía coa administración e nos servizos públicos, esta mesa presenta como prioridade a formulación de propostas para mellorar o seu uso efectivo en ámbitos como a xustiza, a atención administrativa e os servizos básicos. Ademais, intentará buscar solucións para incrementar a presenza da lingua na documentación oficial, reforzar os dereitos lingüísticos e facilitar a formación do persoal público. As achegas deben orientarse cara a medidas aplicables a curto e medio prazo que aseguren que a cidadanía poida exercer os seus dereitos lingüísticos con garantías.

COMO PODES PARTICIPAR?
Como xa sabes, para fomentar a participación cidadá no proceso habilitáronse distintas vías de colaboración:
1. Cuestionario en liña. Este cuestionario estará aberto durante todo o proceso para a recepción de propostas relativas a calquera das áreas de análise. Calquera persoa, a xeito individual ou en nome dalgún colectivo, pode remitir as consideracións que precise.



2. Participación presencial. Se queres asistir a esta sesión, que se desenvolverá na sede do Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela, debes solicitar a túa inscrición no formulario que figurará nesta páxina quince días antes da súa realización. As prazas dispoñibles son limitadas debido ao formato formato das mesas de traballo.
3. Emisión en streaming. As xornadas serán emitidas en directo en streaming e logo permanecerán dispoñibles na mediateca web do Consello da Cultura Galega, neste mesmo enlace. Deste modo, calquera persoa poderá ver as intervencións en calquera momento e remitir as súas consideracións a través do formulario.
4. Foro final. Para poñerlle o ramo ao proceso, no outono, celebrarase un foro aberto á cidadanía, onde se presentarán as primeiras conclusións que se debaterán co público asistente para arrequentar o documento final de propostas.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202
MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Mesa
Un país coa súa lingua. Foro participativo
Administración, xustiza e servizos públicos
Cando
Xoves, 20 de marzo de 2025
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202

Coordinación
Alba Nogueira
Dolores Vilavedra
Facilitación
Rexenerando
Organiza
Consello da Cultura Galega