Xornada - As librarías, un ecosistema posible para o libro galego. Mércores, 12 de marzo de 2025

As librarías, un ecosistema posible para o libro galego

Xornada

As librarías, un ecosistema posible para o libro galego

Mércores, 12 de marzo de 2025
Santiago de Compostela
Xornada

As librarías, un ecosistema posible para o libro galego

Mércores, 12 de marzo de 2025 Santiago de Compostela
Van aló máis de dúas décadas do augurio de que o libro en papel desaparecería como resultado da irrupción da lectura en formato dixital. Nelas, os libros en papel e a súa materialidade amosaron non só a súa capacidade de resistencia, senón ademais, sobre todo, as súas funcións imprescindibles na contemporaneidade. Mais, se o libro resistiu, foi en boa parte tamén grazas ás librarías, a eses espazos que lles dan acubillo, que os fan medrar e expandirse e que tiveron que reinventarse e mudar a través da especialización, da proposta de actividades singulares e da dinamización de comunidades diversas.

Esta xornada pretende explorar as posibilidades das librarías como ecosistemas posibles para o libro galego no século XXI, polo que procura responder a preguntas como estas: cales son os seus retos? Cales as súas apostas? Como de diversos os seus perfís? A que públicos lles falta por chegar? Que elementos lles poden axudar a consolidarse na súa contorna? Ao abeiro de que iniciativas poden seguir agromando? E, moi especialmente, que espazo teñen o lectorado e o libro galego nelas?
Ficha técnica 
Xornada
As librarías, un ecosistema posible para o libro galego
Cando
Mércores, 12 de marzo de 2025
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202

Coordinación
Rosalía Fernández Rial
Montse Pena Presas
Relator/a
Celia Fernández Clemente
Cielo Fernández Fernández
Ángeles Pacoret Rodríguez
Yaiza Peixoto
María Pousa Rodríguez
Juan Rodríguez Santiago
Mon Vilar Figueirido
Inauguración
Dolores Vilavedra Fernández
Modera
Ana Luna Alonso
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Lingua, Literatura e Comunicación (CCG)
Colabora
Federación de Librarías de Galicia

Imaxe da portada: Iria Pena