Xornada Pensarmos
Carlos Varela
Dereitos humanos: o impacto da intelixencia artificial
Xoves, 25 de setembro de 2025
Santiago de Compostela
18:00 horas
Presentación
18:15 horas
Dereitos humanos: o impacto da intelixencia artificial
Carlos Varela García dialoga con Xoán Antón Pérez Lema
Carlos Varela García
Licenciado en Dereito pola USC, ingresou, por oposición, na carreira fiscal en maio de 1985. Iniciou a súa traxectoria profesional na Fiscalía de Vigo, onde foi fiscal de Protección de Menores e de Delitos Económicos. De xuño de 2004 a marzo de 2015 exerceu de fiscal superior de Galicia.
Entre as súas actuacións máis relevantes con referencia á Comunidade Autónoma de Galicia, atendeu, dirixiu ou impulsou cuestións relacionadas, entre outros, cos incendios forestais, coa contaminación medioambiental, coa mediación intraxudicial na xurisdición de Familia, coa sinistralidade na rede viaria de Galicia, coa trata de mulleres con fins de explotación sexual, coa prevención contra os delitos de apoderamento ilícito dos bens culturais da Igrexa, coa corrupción, coa demanda colectiva presentada pola Fiscalía Superior contra Novagalicia Banco pola venda de participacións preferentes a aforradores ordinarios, así como co novo modelo de proceso civil en relación coas demandas colectivas en defensa dos dereitos dos consumidores e usuarios.
Xoán Antón Pérez Lema
Avogado en exercicio desde 1990 e socio-director de Pérez-Lema, Avogados e Consultores, S. L., desde 2009. Foi profesor da Universidade de Vigo, da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados da Coruña e da Escola Galega de Administración Pública. Licenciado en Dereito e letrado asesor de Empresas pola Universidad Pontificia Comillas de Madrid, exerceu os cargos de secretario xeral de Relacións Institucionais da Vicepresidencia da Xunta de Galicia (2007-2009) e de xefe do Gabinete do conselleiro de Presidencia e Administración Pública da Xunta (1987-1990). Secretario xeral da Asociación Galega de Consumidores e Usuarios desde a súa fundación no 2014, colabora como analista político en diversos medios de comunicación.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.