Festival - Kosmopolis 25. 22 - 26 de outubro de 2025

Kosmopolis 25

Festival

Kosmopolis 25

A festa da literatura amplificada

22 - 26 de outubro de 2025
Barcelona
Festival

Kosmopolis 25

A festa da literatura amplificada

22 - 26 de outubro de 2025 Barcelona
O Consello da Cultura Galega participa na organización do Festival Kosmopolis 25. La festa de la literatura amplificada, que se realiza no Centre de Cultura Contemporània de Barcelona entre os días 22 e 26 de outubro de 2025. Un encontro literario bienal que se realiza desde 2002 e que conta cunha programación continua que mantén vivo o espírito do festival nas súas distintas edicións. En Kosmopolis a literatura é a protagonista en todas as súas vertentes: apóstase por un concepto de literatura amplificada, en todas aquelas manifestacións da palabra –oral, impresa e electrónica– que erosionan as divisións entre xéneros, asumen a evolución dos soportes de lectoescritura e sortean as sucesivas mortes anunciadas.

"GALICIA NO CENTRO"
Kosmopolis 25 abre unha fiestra á cultura galega co programa "Galicia no centro", unha selección de propostas que, desde formatos moi diversos como conversas, recitais ou concertos, demostran que Galicia é un centro da creación contemporánea internacional. Un convite para descubrir a riqueza de voces e de temáticas dunhas letras fortemente arraigadas no territorio e que posúen voz propia no panorama mundial. Este programa conta co asesoramento de Paula Cabaleiro.

Ficha técnica 
Festival
Kosmopolis 25
A festa da literatura amplificada
Cando
22 - 26 de outubro de 2025
Onde
Barcelona
Lugar

Centre de Cultura Contemporània de Barcelona
Carrer de Montalegre, 5
Ciutat Vella, 08001 Barcelona

Participante
Yolanda Castaño
Berta Dávila
Sara Guerrero
Blanca Llum Vidal
Mercedes Peón
Ismael Ramos
María Reimóndez
Carla Simón
Eduard Sola